NOVACAIXAGALICIA

Novacaixagalicia é a quinta caixa española por activos. Con preto de oito mil profesionais e unha rede de máis dun milleiro de oficinas, a caixa, froito da fusión entre Caixa Galicia e Caixanova, está presente en todas as comunidades autónomas españolas e conta cunha rede de 30 oficinas no estranxeiro.

En coherencia aos seus fins fundacionais de entidade privada e sen ánimo de lucro, presta servizos financeiros a máis de tres millóns de clientes, e foi a súa confianza a que permitiu alimentar unha ambiciosa obra social que só no último decenio contribuíu con 850 millóns de euros á prosperidade da sociedade á que se debe, prestando especial atención aos sectores máis desfavorecidos e á promoción da educación e o coñecemento.

A posición actual da caixa sustentouse nun proceso de fusións pioneiro dentro do sistema financeiro español. Ata o seu nacemento oficial o día 1 de decembro de 2010 como produto da fusión de Caixa GaliciaCaixanova, as respectivas historias das entidades constitutivas do maior grupo financeiro de Galicia rexistraron as incorporacións, dende a segunda metade do pasado século, de diferentes entidades de crédito da comunidade e doutros territorios do Estado.

A Obra Social é a calidade diferencial das caixas de aforros españolas fronte ao resto de operadores do mercado financeiro. Depósito da orixe fundacional destas institucións de crédito, a Obra Social sinala o fin último da actividade financeira das caixas de aforros: avanzar na prosperidade das sociedades nas que nacen.

No caso de Caixa Galicia e Caixanova, o investimento sociocultural acumulado polas dúas entidades nos últimos dez anos ascende a máis de 850 millóns de euros. Os principais instrumentos utilizados para canalizar este compromiso coa sociedade son os programas socioasistenciais e a promoción da investigación e a cultura.

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín