LIÑAS DE ACTUACIÓN

As actuacións que se van desenvolver dende o Servizo de licitacións internacionais da Confederación de Empresarios de Galicia son as seguintes:

  • Sistema de alertas: remitirá ás empresas rexistradas información puntual sobre as licitacións internacionais no momento en que estas se publiquen
  • Servizo de asesoramento técnico presencial e vía e-mail: atenderá consultas relacionadas coa participación empresarial en licitacións internacionais, permitindo coñecer máis detalles sobre as operacións en curso e resolver calquera dúbida relacionada co funcionamento do portal SALT
  • Análise de documentos "estratexias-país": facilitará información anticipada sobre os sectores aos que se dirixirán os investimentos das institucións e organismos multilaterais de desenvolvemento nun determinado país
  • Bases de datos de empresas: porá á disposición das empresas un espazo no portal SALT para que os seus produtos ou servizos sexan coñecidos por gobernos e institucións estranxeiras dunha forma directa e sinxela
  • Plan de formación: permitirá capacitar persoal técnico, empresarios/as e bolseiros/as para operar no ámbito das licitacións internacionais
  • Plan de promoción institucional: dará a coñecer o servizo de licitacións e o potencial exportador das empresas galegas ante o corpo consular dos países prestameiros e o persoal directivo das principais institucións e organismos multilaterais
  • Xornadas e seminarios informativos: difundirán e darán a coñecer entre a comunidade empresarial galega as oportunidades derivadas das licitacións internacionais
  • Manuais e publicacións: subministrarán información para coñecer mellor o funcionamento do mercado xerado polos organismos multilaterais de desenvolvemento (OMD), dispoñéndose así mesmo de manuais e estatísticas elaborados polo equipo do servizo
  • Aula Virtual: facilitará formación e permitirá acceder on-line a conferencias, seminarios e cursos

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín