BANCO ASIÁTICO DE DESENVOLVEMENTO (BAsD)
Ano de creación e composición:
- O Banco Asiático de Desenvolvemento foi creado en 1966.
Membros:
- Na actualidade conta con 67 países membros, 48 rexionais e 19 non rexionais.
Estrutura:
- O órgano superior do Banco Asiático de Desenvolvemento é a Xunta de Gobernadores, na que participan os 67 países membros e que se reúnen unha vez ao ano. É o órgano máximo de decisión, pero delega a maior parte das súas funcións no Consello de Directores, composto por doce membros, dos que oito pertencen a países da rexión e o resto aos membros extrarrexionais, e que está dirixido por un presidente designado polo Consello de Gobernadores por un período de cinco anos.
- O presidente conta coa colaboración de tres vicepresidentes e do secretario xeral. Ademais da Secretaría Xeral, o banco dispón de varios departamentos especializados, entre os que destacan os de Agricultura, Industria e Desenvolvemento, Infraestrutura e Orzamento.
Área xeográfica de actuación:
- O seu ámbito de actuación céntrase na zona de Asia-Pacífico.
Estratexia institucional:
- O banco ten como o seu principal obxectivo a loita contra a pobreza. Para iso busca promover o crecemento económico e a cooperación na rexión de Asia-Pacífico, e acelerar o proceso de desenvolvemento económico dos seus países membros.
- A rexión alberga aproximadamente dúas terceiras partes da poboación mundial baixo o limiar de pobreza, medido en termos de renda per capita inferior a dous dólares diarios.
- O BASD elaborou a súa estratexia a longo prazo (2008-2020) centrada nun crecemento económico medioambientalmente sostible e na integración rexional. Os principais sectores en que se centra a Estratexia 2020 son:
1.Lucha contra o cambio climático.
2.Infraestructura sostible: enerxía, transporte, auga, desenvolvemento urbano
3.Finanzas e gobernabilidade.
4.Desenvolvemento humano: educación e saúde, cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, igualdade de xénero.
Tipo de operacións:
- Os recursos do banco proceden do seu capital ordinario e dos fondos concesionais (Fondo Asiático de Desenvolvemento, FASD), así como dos empréstitos que obtén no mercado internacional de capitais. O 29 de abril de 2009 a gran maioría dos 67 países membros do ADB subscribiron a 5ª ampliación de capital, triplicando o capital do banco, que actualmente é de USD 166,18 billóns.
- Existen ademais varios fondos de asistencia que no ano 2009 sumaron USD 34,1 billóns. Entre estes destacan o Fondo Especial de Asistencia Técnica do BAsD e o Fondo Especial de Xapón.
- Estes recursos destínanse ao financiamento de:
- Empréstitos (ao sector público -sempre con garantía soberana- e ao sector privado).
- Participacións no capital risco.
- Prestación de garantías.
- Asistencias técnicas.
- Cofinanciamento de proxectos con outros organismos e instuciones.
- Trade Finance Facilitation Programme.
Principais sectores de actuación:
- O 65% dos investimentos de 2009 destináronse a infraestruturas. O 81% da asistencia total do Banco nese ano dirixiuse a cinco áreas clave: infraestrutura, finanzas, educación, medio ambiente e cooperación rexional.
- Os principais países destino das operacións do Banco Asiático foron: Vietnam, Indonesia, China, India, Filipinas, Bangladesh, Pakistán, Kazakastán, Sri Lanka e Nepal.
Volume de operacións:
- No ano 2009 o volume de operacións do Banco acadou os USD 16,1 billóns, un aumento do 42% con respecto ás operacións financeiras do 2008 (USD 11,33 millóns).