BANCO MUNDIAL (BM)
Ano de creación e composición:
- O Banco Mundial foi creado en 1944.
- O Banco Mundial é a denominación xenérica de dous organismos intergobernamentais especializados das Nacións Unidas:
- Banco Internacional de Reconstrución e fomento BIRF/IBRD
- Asociación Internacional de Fomento (AIF/IDA).
Membros:
- Conta con 185 países membros.
Estrutura:
- Os 185 países membros do Banco Mundial son accionistas deste.
- Eses accionistas están representados por unha Xunta de Gobernadores, que é a responsable de formular as políticas no seo do banco.Habitualmente, os gobernadores son os ministros de facenda ou de desenvolvemento dos países membros.Reúnense unha vez ao ano nas Reunións Anuais das Xuntas de Gobernadores do Grupo do Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional.
- Estes gobernadores delegan responsabilidades específicas en 24 directores executivos, que traballan na sede do banco. Os cinco principais accionistas - Alemaña, Estados Unidos, Francia, Xapón e Reino Unido- designan un director executivo cada un, mentres que o resto dos países membros están representados polos outros 19 directores executivos.
- O presidente do banco dirixe as reunións dos directorios executivos e é o responsable da administración xeral do banco. Por tradición, o presidente do banco é de nacionalidade estadounidense (principal accionista) e é elixido pola Xunta de Gobernadores por un período renovable de cinco anos.
- Os directores executivos integran os directorios executivos do banco. Habitualmente, reúnense polo menos dúas veces por semana para revisar as actividades do banco, concretamente a aprobación de empréstitos e garantías, as novas políticas, o presuposto administrativo, as estratexias de asistencia aos países e as decisións financeiras e sobre empréstitos.
- O Banco Mundial realiza as súas actividades e operacións cotiás baixo a dirección do presidente, a administración e os funcionarios superiores, así como dos vicepresidentes a cargo das oficinas rexionais, os sectores, as redes e as funcións. Os vicepresidentes son os principais administradores do Banco Mundial.
Área xeográfica de actuación:
- O seu ámbito de actuación xeográfica céntrase en países en vías de desenvolvemento de todo o mundo.
- O Banco Mundial fixo seu o desafío mundial de reducir a pobreza. A súa tarefa céntrase en lograr os obxectivos de desenvolvemento do milenio, que buscan combater a pobreza e alcanzar un desenvolvemento sostido.
- Os países en desenvolvemento están convencidos de que para facer crecer as súas economías, atraer oportunidades comerciais e aumentar o emprego deben fortalecer a súa capacidade, crear infraestruturas, desenvolver sistemas financeiros e combater a corrupción.
- A misión do banco é axudar os países en desenvolvemento e os seus habitantes a alcanzar os anteriores obxectivos, colaborando cos países asociados na tarefa de aliviar a pobreza. O banco céntrase en crear as condicións propicias para o investimento, a xeración de emprego e o crecemento económico sostible, de maneira que as economías crezan, e en investir nos pobres e darlles as ferramentas para que poidan participar no proceso de desenvolvemento.
- Os proxectos avalados polo Banco Mundial teñen por finalidade aplicar estratexias nacionais de redución da pobreza.
- O Marco Integral de Desenvolvemento (MID) orienta a formulación desas estratexias. Foi presentado á Xunta de Gobernadores en 1998, e establece catro principios:
- As estratexias de desenvolvemento deben ser integrais e inspirarse nunha visión a longo prazo. O MID subliña aspectos sociais e estruturais a longo prazo, como a ampliación e o melloramento da educación e os servizos sanitarios, o mantemento da infraestrutura e a formación dunha nova xeración de funcionarios públicos.
- Cada país debe deseñar e dirixir os seus propios programas de desenvolvemento coa participación da cidadanía.
- Os gobernos, os doadores, a sociedade civil, o sector privado e outros interesados deberían traballar xuntos baixo a dirección dos países receptores para executar as estratexias de desenvolvemento.
- O desempeño en materia de desenvolvemento debe avaliarse por resultados susceptibles de medición.
- Tipo de operacións:
- O Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF) e a Asociación Internacional de Fomento (AIF) ofrecen empréstitos (para proxectos de investimento e para políticas de desenvolvemento) e créditos con intereses baixos ou sen intereses e doazóns a países que teñen pouco ou ningún acceso aos mercados de crédito internacionais. O banco carece de fins de lucro.
- O BIRF opera en condicións de mercado e utiliza a súa elevada clasificación crediticia para tomar empréstitos con intereses baixos e compartir esa taxa máis conveniente cos seus prestameiros, os países en desenvolvemento.
- O banco financia os seus propios custos de operación, xa que non recorre a fontes externas para custear os gastos xerais.
Principais sectores de actuación:
- Agricultura, desenvolvemento rural e urbano, industria (agás defensa e industria nuclear), infraestruturas (enerxía, transporte, telecomunicacións, auga e saneamento), educación, sanidade e medio ambiente.
Volume de operacións:
- Este banco concedeu en 2006 empréstitos por valor de 13.850 millóns de dólares.
Acceso ao censo de organismos: