BASE DE DATOS DE EMPRESAS
- En que consiste.
- A súa empresa pode hospedar no portal SALT unha pequena web empresarial, dispoñendo dun sistema de asistencia que lle dá facilidades e o orienta na creación desta presentación ante os organismos e as institucións financeiras multilaterais de desenvolvemento.
- Deste xeito, todas as empresas rexistradas poderán ofrecer, dun xeito áxil e sinxelo, información sobre os seus produtos ou servizos, publicar imaxes e catálogos e facilitar enderezos de contacto.
- Esta utilidade proporciónalle un elemento engadido de acceso aos mercados internacionais, así como unha ferramenta publicitaria adicional.
- Como funciona.
- As webs das empresas estarán organizadas nunha base de datos de empresas, co obxectivo de que os gobernos e as institucións estranxeiras coñezan de primeira man a oferta empresarial da que Galicia dispón para o exterior.
- Coa finalidade de dotar de homoxeneidade a totalidade da información relativa ás empresas rexistradas no portal SALT, os datos que se incluirán de cada organización serán os seguintes: nome da empresa, enderezo, teléfono/fax, correo electrónico, persoa de contacto, páxina web, sector de actividade, produtos ou servizos ofrecidos, galería de imaxes e biblioteca de documentos.
- Como acceder a este servizo.
- Para poder hospedar a información relativa á súa empresa no portal SALT, deberá rexistrarse previamente neste.