DIVISIÓN INTERNACIONAL CAIXA GALICIA

Caixa Galicia, pioneira na expansión internacional

  • A vocación internacional de Caixa Galicia vén de moi atrás, xa que foi a primeira caixa de aforros en abrir unha oficina de representación no estranxeiro, en concreto a oficina de Xenebra no ano 1985. Daquela, buscábase darlle cobertura á ampla colonia galega no exterior a través da figura da oficina de representación. Este modelo continúa vixente para unha gran cantidade de países nos que os residentes españois constitúen unha boa parte da base da clientela.
  • Caixa Galicia é a caixa española con máis presenza internacional e maior protagonismo no segmento de negocio de remesas.
  • As áreas de negocio desenvolvidas para empresas e negocio internacional confirman a vocación de Caixa Galicia de ser unha entidade financeira moderna que apoia as empresas en calquera área de actividade empresarial, tanto en España coma no estranxeiro, e que achega un valor engadido. A vocación e prioridade estratéxica actual é a de dar servizo ás empresas con actividade exterior e ofrecerlles a esas empresas toda a gama de servizos axeitados para as súas operacións: servizos de remesas, apertura de cartas de crédito, confirmación de cartas de crédito, confirming, forfaiting, financiamento de exportacións a longo prazo, operacións estruturadas...
  • Caixa Galicia ten presenza internacional en Arxentina, México, Brasil, Panamá, Venezuela, USA, Suíza, Francia, Portugal, Reino Unido, con oficinas de representación en Zürich, París, Londres, Caracas, México, Bos Aires, Panamá e Brasil e 9 oficinas operativas en Miami, Xenebra, Valença, Braga, Viana, Maia, Porto, Gaia e Lisboa. Está previsto ampliar a presenza en Portugal e en breve formalizarase a incorporación ao mercado asiático coa apertura dunha oficina en Shangai.
  • Portugal é considerado como a expansión natural da entidade pola súa proximidade xeográfica e pola crecente integración económica que se produce entre ambas as dúas áreas. O mercado predominante é o retallista e a actividade empresarial, cun modelo de negocio similar ao que desenvolvemos en España.
  • A estrutura en América Latina xira en torno á Axencia Internacional en Miami, praza que actúa como plataforma financeira das oficinas de representación existentes. Nestes países, que están a avanzar en estabilidade política e económica, dáselles soporte financeiro aos empresarios no proceso de internacionalización e aos empresarios de orixe galega nestes países.
  • Por último, na actividade co resto de Europa aprovéitase a sólida posición alcanzada coa colonia española no exterior (en países como Suíza, un de cada tres españois residentes é cliente da nosa entidade), para reconducir o negocio habitual con este colectivo (remesas) cara a unha operatoria financeira completa coas segundas xeracións.
  • Tal como comentamos, a vocación exterior de Caixa Galicia foi pioneira dentro das caixas de aforros, impulsada pola vocación de prestar un bo servizo financeiro á importante colonia de españois que traballan no estranxeiro. Esta presenza exterior serviu de base e de apoio fundamental para a diversificación de negocio con empresas e para o comercio exterior. Neste momento, Caixa Galicia está a traballar para a futura apertura da oficina de representación en Shangai.
  • Este coñecemento do mercado e a experiencia de desenvolver a actividade financeira en múltiples países permitiunos afondar nun modelo de negocio máis avanzado, que, tal como dixemos, se orienta a cubrir as necesidades financeiras das empresas españolas nos seus procesos de internacionalización nos países en que estamos presentes, en dar unha maior cobertura financeira á segunda xeración de emigrantes e en acceder ás oportunidades de negocio locais que xurdan neses mercados.
  • A obra social de Caixa Galicia é a entidade patrocinadora do programa da Confederación de Empresarios de Galicia para promover a participación das empresas en Licitacións Internacionais. Caixa Galicia é socio financieiro no seu desenrolo.


    www.caixagalicia.es /Información Corporativa/Oficina de Comunicación
    Tlfno.: 981 188022 - E-mail: prensa@caixagalicia.es
     Subdirección de Comunicación e Prensa

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín