ESTRATEXIAS PAÍS

  • A maior parte dos OMD elaboran plans de actuación plurianuais onde se engloba o marco de referencia para todas as operacións financiadas pola institución. Nelas figuran os obxectivos e as accións que desenvolver para alcanzar os devanditos fins. Tamén expón o importe que se vai destinar a cada operación, resultando un grande indicador dos sectores de oportunidade para a empresa galega en cada un dos países. É un documento moi elaborado, no que se definen as liñas de actuación da entidade nun país concreto durante un período de tempo determinado.
  • Estas estratexias elabóranse coincidindo co ciclo electoral do país, normalmente cada catro ou seis anos. As estratexias de país e os seus documentos de situación económica e perspectivas conteñen:
    • Unha síntese ou visión xeral da situación económica actual do país.
    • A estratexia de desenvolvemento do organismo para o país nos principais sectores.
    • A programación do organismo para os próximos anos nese país.
    • Unha análise detallada das actuais perspectivas económicas do país.
    • Unha sección sobre as políticas económicas do país.
    • Un resumo do panorama económico do país.