FAD: FONDO DE AXUDA AO DESENVOLVEMENTO

O Estado español conta cun sistema de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) que comprende todas as achegas de recursos realizadas aos países máis desfavorecidos economicamente. A AOD enmárcase dentro da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico). Esta é unha organización internacional constituída por 31 países na actualidade, entre os que se inclúe España, cuxa finalidade é promover o crecemento económico sostible e apoiar o desenvolvemento das economías menos favorecidas.

Un dos principais instrumentos financeiros da AOD é o Fondo de Axuda ao Desenvolvemento (FAD). Os créditos FAD (creados no ano 1976) son un fondo sen personalidade xurídica, dotado polo Estado español, que trata de conxugar o desenvolvemento dos seus países obxectivo co apoio á internacionalización da empresa española. Con iso facilítase a entrada das nosas empresas en mercados descoñecidos para elas e, á súa vez, os países que obteñen o financiamento fano en condicións moi vantaxosas respecto ás existentes nos mercados financeiros convencionais. Este último aspecto confírelle a este fondo un carácter concesional, é dicir, que se dispón dunhas condicións financeiras moito máis flexibles que as ofrecidas polo mercado.

Os créditos FAD operan fundamentalmente con países de renda media-baixa (en virtude do consenso OCDE). En concreto, no ano 2009, os países nos que o FAD mostrouse máis activo foron: Angola, Bosnia e Hercegovina, Cabo Verde, China, Colombia, Exipto, Ghana, Indonesia, Xordania, Marrocos, Namibia, Palestina, Perú, República Dominicana, Serbia, Túnez e Vietnam.

O FAD diríxese cara a sectores nos que o desenvolvemento dun proxecto non é viable dende un punto de vista comercial. Polo tanto, concentra a súa actuación en sectores como os bens de equipo, a educación, as enerxías renovables, o medio ambiente, a sanidade e o transporte.

Á marxe das limitacións antes sinaladas, cómpre salientar unha serie de criterios restritivos para conceder un crédito FAD:

  • Se ben estes créditos poden financiar o cento por cento da operación, na maioría das ocasións concédense créditos mixtos, nos que o financiamento do FAD roldará o 50% do contrato de exportación.
  • Nas operacións de consorcio con outros países esixirase que as condicións financeiras sexan similares ás españolas.
  • O período de vida do investimento deberá ser polo menos igual ao prazo de amortización do crédito.
  • Terase en conta o nivel de solvencia do país receptor.
  • Cumprimento dos requisitos esixidos pola OCDE, no caso dos créditos de natureza comercial que gozan de certo grao de liberalidade ou subvención financeira.
Os créditos FAD poden clasificarse en virtude da súa natureza comercial ou de axuda financeira non vinculada a proxectos comerciais; segundo a parte do proxecto de exportación que financie, en singulares (a totalidade) ou asociado ou mixto (só unha parte da operación); ou tendo en conta o número de proxectos financiados, en cuxo caso distinguiremos entre individual ou específico (un só proxecto) e liña de crédito (un conxunto de proxectos).

A competencia sobre esta liña de apoio á empresa española é do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e, máis concretamente, da Dirección Xeral de Comercio e Investimentos (a quen corresponde a análise das operacións) da Secretaría de Estado de Turismo e Comercio.

Así mesmo, a Comisión Interministerial de Axuda ao Desenvolvemento desempeña un papel decisivo non só como administradora do fondo, senón tamén como órgano encargado de levar a cabo:
  • O seguimento dos acordos e protocolos subscritos por España cos países prestameiros.
  • O desenvolvemento da metodoloxía para a concesión dos créditos.
  • A presentación ao Consello de Ministros do Plan anual de actuación do FAD.
  • A aprobación das contas anuais do fondo.

En principio, trátase de créditos intergobernamentais, polo que a súa concesión será levada a cabo polo estado español como consecuencia dunha solicitude doutro Estado estranxeiro. No entanto, a solicitude pode ser realizada directamente por aquel exportador que se atope interesado en incluír na súa oferta comercial este tipo de condicións financeiras favorables. Se así fose, o exportador solicitará a concesión do crédito a través dun escrito dirixido á Dirección Xeral de Política Comercial e Investimentos, que a analizará e decidirá sobre a súa aceptación ou non. Se resultase aceptada, iníciase a fase do procedemento de concesión do crédito FAD, na que entran en xogo as autoridades do país prestameiro, e que rematará coa formalización do acordo financeiro entre o Instituto de Crédito Oficial e o axente financeiro designado polo país beneficiario.

A distribución xeográfica do FAD foi a seguinte:

  • África consolídase, unha vez máis, como principal destino do FAD para a Internacionalización. Recibiu en 2009 máis de 289 millóns de euros, equivalentes o 58% dos fondos aprobados polo Consello de Ministros, na liña da cantidade correspondente a 2008, máis de 284 millóns que representaron o 66% da cantidade total.
  • Asia segue sendo un importante destino de fondos FAD, en 2009 destináronse a esta zona 92,9 millóns de euros, o 18,6%, aumentando a cantidade desde 2008, ano no que as cifras foron respectivamente 53,4 millóns de euros e un 12,4%.
  • Confírmase a redución do peso de Iberoamérica, receptora de de 38,1 millóns de EUR (7,6% dos fondos) en 2009. Tendencia que viuse aumentada desde o ano 2008, onde representou o 9,2% do presuposto con algo máis de 39 millóns. Esta tendencia explícase pola graduación dun gran número de países que deixan de ser elixibles para a axuda ligada.

A anterior distribución xeográfica pódese desagregar por países, en 2009 o primer receptor de fondos FAD foi Túnez con un 24,96%, debido principalmente á ampliación dos parques eólicos en Mizerte. A continuación está Marrocos co 23,77% e China co 18,48%.

Por sectores, o principal destino dos fondos FAD é o medio ambiente con 243 millóns (57% dos fondos FAD), canalizado en catro operacións en Túnez, Marrocos, República Dominicana e Cabo Verde. O sector de transporte configúrase como o segundo sector máis importante (o marxe das liñas de crédito) con un 10,16% e infraestruturas como tercer receptor (4,37%).

Ademais do exposto ata agora, o venres 23 de abril de 2010, o Consello de Ministros aprobou unha nova liña FAD-PYME por un importe total de 55.000.000 euros. Ten como obxectivo favorecer a internacionalización da PYME española ofrecendo apoio financieiro as súas operacións de exportación de bens e servizos.

Por elo, esta nova liña ofrece créditos en termos concesionais a proxectos de exportación de PYMES españolas para países elexibles para axuda ligada.

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín