ICEX: PARTICIPACIÓN EN LICITACIÓNS INTERNACIONAIS

O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) conta cun fondo de axuda para as empresas españolas participantes en licitacións internacionais consistente no financiamento dunha parte dos gastos de preparación, presentación e seguimento de ofertas técnicas en concursos ou licitacións internacionais.


Vai dirixido a empresas españolas de enxeñaría, consultoría e contratistas de proxectos civís e industriais (construtoras, fabricantes de bens de equipo á medida, plantas chave en man, etc.).

O importe máximo de axuda por empresa é de 100.000 euros ao ano, permitíndose un máximo de seis solicitudes por empresa/ano, cun límite de dous por país destino/ano.

Esta axuda financia o 30% das seguintes actividades relacionadas coa participación nunha licitación internacional:
• Horas de oficina técnica
• Gastos de viaxes
• Gastos de adquisición de pregos
• Traducións
• Asesoramento externo
• Etc.


Como complemento deste programa, o ICEX puxo en marcha o Plan LICITA en colaboración con P4R. Trátase dun programa de asistencia ás empresas cuxo obxectivo é facilitar o seu acceso á participación en contratos financiados polas institucións financeiras multilaterais.


O programa comprende os seguintes servizos:
• Actividades de formación
• Misións comerciais
• Programas individuais de asesoramento

 

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín