INFORMES E ESTATÍSTICAS OMD
Informes anuais dos Organismos Multilaterais de Desenvolvemento
Anualmente, os Bancos de Desenvolvemento publican un informe onde detallan o estado financeiro e as áreas de actuación do Banco do ano precedente. Poñemos á súa disposición os informes anuais correspondentes ao exercicio 2009 dos principais Bancos de Desenvolvemento, onde pode consultar as operacións realizadas así como os países e sectores prioritarios de actuación:
Informe anual 2009 Banco Interamericano de Desenvolvemento. Descargar aquí.
Informe anual 2009 Banco Asiático de Desenvolvemento. Descargar aquí a parte I e a parte II.
Informe anual 2009 Banco Africano de Desenvolvemento. Descargar aquí.
Informe anual 2009 Corporación Andina de Fomento. Descargar aquí.
Estatísticas de contratación
Mostrámoslles as estatísticas dos contratos xerados polos proxectos financiados polos principais organismos multilaterais de desenvolvemento. Nelas figura o volume de contratación por países e as empresas adxudicatarias de contratos.
* soamente contratos suxeitos a revisión previa por parte do BancoCONTRATOS FINANCIADOS POR ORGANISMOS MULTILATERAIS NO 2009 (millóns de dólares estadounidenses) Contratación total Contratos adxudicados a España Porcentaxe da participación española Banco Mundial* 9.750 60,11 0,62% BID (bens e obras) 3.957 149,72 3,78% BID (consultaría) 557 5,79 1,04% Banco Asiático de Desenvolvemento 5.998 34,24 0,57% Banco Africano de Desenvolvemento 1.650 0 0% Nacións Unidas (datos 2008) 13.600 44,9 0,33% TOTAL 35.512 294,76 1,06%
Nacións Unidas
No ano 2008, as axencias de Nacións Unidas realizaron compras por un importe total de 13.600 millóns USD, dos que 44,9 millóns USD corresponderon a contratos adxudicados a empresas españolas.
Aproximadamente cada ano os proxectos financiados polo Banco Mundial xeran entre 20.000 e 30.000 contratos, por un valor total de aproximadamente 20.000 millóns USD ao ano. Ao redor de 7000 destes contratos son revisados cada ano por persoal do Banco Mundial antes de proceder á súa adxudicación, xeralmente os contratos de maior importe. A información sobre estes contratos gañadores, suxeitos a exame do Banco, dáse a coñecer o público. No ano 2009 este tipo de contratos sumaron un total de 9750 millóns USD. Empresas españolas resultaron adxudicatarias dun total de 40 contratos por importe total de 60,11 millóns USD. Poñemos á súa disposición as estatísticas máis recentes de contratación onde pode consultar os detalles de cada operación.
Listaxe de contratos adxudicados revisados polo Banco Mundial no 2009. Descargar a táboa aquí.
Listaxe de contratos adxudicados a empresas españolas revisados polo Banco Mundial en 2009. Descargar táboa aquí.
Resumen de volume de contratación adxudicada durante o período 2000-2009 por tipo de contrato e área xeográfica. Descargar táboa aquí.
Banco Interamericano de Desenvolvemento
Neste organismo é onde as empresas españolas están actualmente mellor situadas. No ano 2009 o Banco Interamericano de Desenvolvemento xerou contratos de bens e obras por valor de 3957 millóns USD. España resultou adxudicataria de seis contratos, por un valor total de 149,72 millóns USD, un 3,78% do volume total de contratación do banco. En contratos de consultoría adxudicáronse contratos por un valor total de 557,09 millóns USD e España resultou adxudicataria de 38 contratos por un valor total de 5,785 millóns USD, un 1,04% do total.
Volume de contratación de bens e obras por país contratista no ano 2009. Descargar aquí.
Volume de contratación de consultoría por país contratista no ano 2009. Descargar aquí.
Banco Africano de Desenvolvemento
Dende o ano 2005 ata abril de 2010 os proxectos financiados polo Banco Africano de Desenvolvemento xeraron contratos por un valor total de 7206 millóns USD. Durante ese período España resultou adxudicataria de 16 contratos por un valor total de 392,74 millóns USD, que supuxeron o 5,45% do importe total de todos os contratos xerados nese período. É necesario sinalar que máis de 200 millóns corresponden á construción de dúas centrais termo-solares en Marrocos no ano 2007.
Non obstante, a evolución da contratación nos dous últimos anos non é favorable para o noso país. No ano 2008, só unha empresa española conseguiu un contrato de consultoría financiado polo Banco Africano de Desenvolvemento, e no ano 2009 non resultamos adxudicatarios de ningún contrato. Sinalar que no ano 2009 o volume de contratación total do Banco Africano de Desenvolvemento ascendeu a 1650 millóns de dólares estadounidenses. Poñemos á súa disposición as estatísticas máis recentes.
Resumo de contratos adxudicados por país, dende 2005 a abril 2010. Descargar aquí.
Listaxe de contratos adxudicados no ano 2008, 2009 e xaneiro - abril 2010. Descargar aquí.
Banco Asiático de Desenvolvemento
No ano 2009, os contratos xerados polos proxectos financiado polo Banco Asiático de Desenvolvemento supuxeron un total de 5814,74 millóns USD. España resultou adxudicataria do 0,55% do devandito importe, con 9,51 millóns USD en bens e obras e un papel máis destacado en consultoría, con 22,27 millóns USD.
Os contratos xerados polas operacións de asistencia técnica do mesmo período sumaron 183,4 millóns USD, dos que 2,46 millóns USD foron para empresas españolas, un 1,34% do total.
Asistencias técnicas adxudicadas por país de orixe 2007 - 2009. Descargar táboa aquí.
No seguinte enlace, pode acceder á relación de contratos adxudicados mensualmente polo Banco Asiático de Desenvolvemento dende xaneiro de 2002 a marzo de 2010. Prema aquí.