LICITACIÓNS PÚBLICAS INTERNACIONAIS: FORMAS DE ACCESO
- En ocasións, é preciso que para poder participar nas licitacións internacionais, as empresas, con carácter previo, se inscriban en determinados rexistros creados e mantidos polos OMD e as IFMD.
- Así, para acceder aos contratos das Nacións Unidas é imprescindible rexistrarse en United Nations Global Marketplace (UNGM). É este un rexistro de provedores dispoñible para todo o persoal de adquisicións da ONU e do Banco Mundial, se ben existen algunhas axencias da ONU que contan, ademais, coa súa propia base de datos de provedores.
- Polo xeral, para rexistrarse como provedor examínanse:
- A experiencia acumulada.
- A capacidade de actuación do provedor.
- A adecuación dos bens ou servizos ofertados ás necesidades do organismo.
- A solvencia financeira do provedor.
- Aceptada a solicitude, os provedores pasan a formar parte dunha lista. A inclusión na devandita lista non garante que unha empresa vaia poder concursar en todas as invitacións a licitar que se convoquen. Trátase dunha condición necesaria pero non suficiente.
- Varios dos organismos de Nacións Unidas actualizan as súas listas de provedores cada poucos anos e eliminan aquelas empresas ou consultores que non respondesen ás invitacións a licitar en dúas ou máis ocasións.
- No caso das empresas consultoras, a recomendación de rexistro esténdese á maioría dos OMD e IFMD. A título de exemplo, o Banco Asiático de Desenvolvemento dispón de un rexistro de empresas consultoras e expertos individuais: Consultant Management System (CMS); a súa vez o Banco Mundial ten a aplicación WBG eConsultant.
- Os principais requisitos para figurar no primeiro deles son:
- Ter polo menos dous anos de experiencia na área concreta de negocio.
- Completar polo menos 3 proxectos.
- Ter polo menos 5 profesionais a tempo completo no seu equipo.
- Igual que sucede con Nacións Unidas, é conveniente actualizar a información polo menos cada 2 anos, xa que o banco adoita eliminar do sistema aqueles rexistros que non se actualizasen neste período de tempo.
- A través do SALT ofrecémoslle información, asesoramento e apoio para a súa inscrición naqueles rexistros dos OMD necesarios para a participación da súa empresa en licitacións públicas internacionais.
- Outras formas de acceder ás operacións promovidas polos organismos multilaterais pasan por converterse en subcontratistas de empresas gañadoras, asociándose con elas para así poder adquirir experiencia e concorrer individualmente no futuro, ou por gañar pequenos contratos de asistencia técnica. Para a obtención destes últimos, as relacións e o contacto persoal cos responsables de adquisicións das diferentes organizacións representa un notable incremento das posibilidades de éxito.