LICITACIÓNS PÚBLICAS INTERNACIONAIS: PUBLICIDADE

As licitacións fanse públicas mediante anuncios en medios de comunicación dos países beneficiarios, nos OMD e en medios especializados na notificación destas operacións internacionais, como son:

  • Tender Opportunities da Unión Europea: dende 1998, a serie S do Diario Oficial da Unión Europea publícase exclusivamente en formato electrónico. Recolle os contratos licitados polos organismos públicos da Unión que superen os importes de 5 millóns de euros, para os contratos de obras, 200.000 euros para os contratos de servizos e subministracións, 400.000 euros para os contratos de subministracións dos sectores da auga, a enerxía e o transporte, 600.000 euros para os contratos de subministracións no sector das telecomunicacións e 125.000 euros para os contratos que entran dentro do ámbito de aplicación das disposicións do GATT.
  • Development Business de Nacións Unidas: dispoñible só para subscritores. Foi considerada a única publicación empresarial que contiña información comprensiva da totalidade das oportunidades de subministrar bens e servizos a proxectos financiados polas Nacións Unidas, os gobernos e os principais bancos mundiais de desenvolvemento (Banco Mundial, Corporación Financeira Internacional, Banco Interamericano de Desenvolvemento, Banco Africano de Desenvolvemento, Banco Asiático de Desenvolvemento, Banco de Desenvolvemento do Caribe, Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento e Banco Norteamericano de Desenvolvemento).
  • DG Market: contén información sobre contratos internacionais que se asinan en calquera parte do mundo.
  • UN Global Marketplace: recompila información sobre adquisicións das diferentes axencias de Nacións Unidas.
  • Páxina web dos bancos de desenvolvemento:
  • Páxinas web das axencias locais executoras dos contratos e responsables da súa adxudicación.
  • Revistas especializadas internacionais.
  • Xornais locais

Nos anuncios atópase a información referente á axencia executora, o importe do contrato, a moeda na que se paga este, como e onde obter a documentación necesaria para presentar propostas, etc.