LÍÑA FEV: MODALIDADE PRIVADA

As principais características da liña FEV, modalidade privada, son as seguintes:

  • A solicitude é formulada pola empresa que identificou a necesidade de realizar un estudo de viabilidade como medio para obter a adxudicación dun proxecto ou programa noutro país. Esta empresa poderá realizar directamente o estudo ou subcontratarllo a unha consultora. En calquera caso, a empresa asume o risco de realizar o estudo sen ter a certeza de resultar adxudicataria do posterior proxecto. Para minimizar o devandito risco, esta modalidade ofrécelle a posibilidade de subscribir unha "póliza de estudos de viabilidade de proxectos e programas" que, por conta do Estado, emite CESCE.
  • Existen dous tipos dentro desta modalidade:
    • O "xeral", onde o receptor do EV é unha entidade estranxeira, que será a que adopte a decisión sobre a execución ou non do proxecto e a súa adxudicación. Neste caso, a póliza subscrita pola empresa española cobre o risco de que esta non resulte adxudicataria. A porcentaxe máxima de cobertura é do 75% do custo do EV, cun límite de 300.500 euros.
    • A propia empresa española require o EV para adoptar unha decisión sobre un proxecto de investimento propio que prevé executar nun país estranxeiro. Neste caso, a póliza cobre o risco de que o proxecto non se realice debido ás conclusións negativas do EV. Aplícase a estudos de importe superior a 180.000 euros, cunha porcentaxe de cobertura fixa do 50% do custo do EV.
  • As solicitudes formularanse ante o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Unha vez analizadas, preséntanse á Comisión FEV. En caso de aprobación, realizarase unha auditoría técnica que determinará a idoneidade do orzamento e sobre cuxos resultados se establecerán as condicións da póliza CESCE.

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín