LIÑA FEV: MODALIDADE PÚBLICA

As principais características da modalidade pública da liña FEV son as seguintes:

  • A solicitude e adxudicación do estudo de viabilidade corresponde ás autoridades do país que recibe o financiamento para realizalo.
  • Establécense tres posibles sistemas de selección e adxudicación:
    • Concurso público: procedemento utilizado en todos aqueles estudos dun importe considerado superior a 400.000 euros.
    • Petición de expresións de interese - lista curta: procedemento aplicable aos estudos dun importe considerado inferior a 400.000 euros, ou ben a aqueles que, aínda sendo de importe superior, teñan carácter de urxencia manifesta, debidamente xustificada.
    • Adxudicación directa. Procedemento aplicable, con carácter excepcional, cando se cumpra polo menos unha das seguintes condicións:
      • que o estudo teña un custo considerado inferior a 100.000 euros;
      • que pola natureza do estudo só exista unha empresa española coa capacidade adecuada para realizalo, ou
      • que o estudo sexa continuación natural doutro xa realizado con anterioridade por unha empresa determinada.
  • O seu obxectivo final é a identificación de sectores que requiran a curto e medio prazo a execución de proxectos que poidan ser desenvolvidos por empresas españolas.
  • Polo que se refire ao seu procedemento, cómpre indicar, a grandes trazos, que se inicia nas Oficinas Económicas e Comerciais de España (OFECOMES), as cales identificarán conxuntamente coas autoridades do país o/os sector/ores de interese para ambos os dous países. O goberno do país beneficiario formula a correspondente solicitude. A OFECOMES dará traslado desta, xunto coa documentación complementaria pertinente, ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio onde, unha vez avaliada, se remite á Comisión FEV. En caso de aprobación por parte da Comisión, o ministerio comunicaralle ao país beneficiario a resolución adoptada para que proceda á selección da empresa española.

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín