SISTEMA DE NACIÓNS UNIDAS (NNUU)
Ano de creación e composición:
- A Organización Mundial das Nacións Unidas, ou Nacións Unidas, foi fundada en 1945, sendo a maior organización internacional do mundo.
- O Sistema das Nacións Unidas está constituído por corenta axencias que teñen as súas sedes repartidas entre varios países.
Membros:
- Pertencen a Nacións Unidas 192 países.
Estrutura:
- Os órganos principais das Nacións Unidas son:
- Asemblea Xeral.
- Consello Económico e Social, coas súas comisións rexionais.
- Corte Internacional de Xustiza.
- Consello de Seguridade.
- Consello de Administración Fiduciaria.
- Secretaría.
- Nacións Unidas desenvolve as súas actuacións por medio de axencias especializadas, organizacións de asistencia humanitaria e outras entidades.
- Axencias especializadas:
- Organización para a Alimentación e a Agricultura (FAO).
- Organización Internacional do Traballo (OIT).
- Organización para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO).
- Organización Mundial da Saúde (OMS).
- Organización para o Desenvolvemento Industrial (ONUDI).
- Organización Internacional da Enerxía Atómica (OIEA).
- Organización Mundial do Turismo (OMT).
- Organización Meteorolóxica Mundial (OMM).
- Organización Marítima Internacional (OMI).
- Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI).
- Programas e Fondos:
- Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)
- Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF).
- Fondo das Nacións Unidas para a Poboación (FNUAP).
- Programa Mundial de Alimentos (PMA)
- Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).
- Organizacións de asistencia humanitaria:
- Alta Comisaría para os Refuxiados (ACNUR).
- Socorro das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos en Oriente Próximo (UNRWA).
- Departamento de Asuntos Humanitarios (DAH).
- Outras entidades de interese:
- Oficina de Servizos Interinstitucionais de Adquisicións (IAPSO), dependente do PNUD.
- Oficina de Servizos para Proxectos das Nacións Unidas (UNOPS).
- Oficinas das Nacións Unidas en Xenebra, Nairobi e Viena.
Área xeográfica de actuación:
- O seu ámbito de actuación xeográfica céntrase en países en vías de desenvolvemento de todo o mundo.
Estratexia institucional:
- Pode resumirse nos oito Obxectivos de desenvolvemento do milenio, que representan un plan aceptado por todas as nacións do mundo e pola totalidade das institucións de desenvolvemento máis importantes existentes a nivel mundial.
- Erradicar a pobreza extrema e a fame.
- Lograr a educación primaria universal.
- Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía ou empoderamento da muller.
- Reducir a mortalidade de nenos menores de 5 anos.
- Mellorar a saúde materna.
- Combater a SIDA, o paludismo e outras enfermidades.
- Garantir a sustentabilidade do medio ambiente.
- Fomentar unha alianza mundial para o desenvolvemento.
- Pode resumirse nos oito Obxectivos de desenvolvemento do milenio, que representan un plan aceptado por todas as nacións do mundo e pola totalidade das institucións de desenvolvemento máis importantes existentes a nivel mundial.
Tipo de operacións:
- Dende o Sistema de Nacións Unidas realízanse empréstitos, axudas ou subvencións aos países beneficiarios, e as súas diferentes axencias e organismos efectúan un importante volume de adquisicións de bens e servizos no ámbito internacional.
- As tres principais axencias por volume de compras son:
- Programa Mundial de Alimentos (PMA)
- PNUD
- Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF).
Principais sectores de actuación:
- As adquisicións das Nacións Unidas son de moi diversa índole e inclúen vehículos, material de oficina, ordenadores/software, equipos de comunicacións e mantemento e reparación de edificios (todas as axencias), servizos loxísticos, fretes e transportes, alimentos, equipos de comunicacións portátiles, vivendas prefabricadas, tendas de campaña, xeradores, vehículos lixeiros (mantemento da paz), maquinaria, ferramentas, vehículos pesados, enxeñería, obras, consultoría, metais, produtos químicos, fertilizantes, sementes, silos, anticonceptivos, materiais de construción, produtos farmacéuticos e produtos médicos (axuda ao desenvolvemento).
Volume de operacións:
- En 2008 o valor total das compras das súas axencias elevouse á cifra de 13.600 millóns de dólares.