BANCO INTERAMERICANO DE DESENVOLVEMENTO
- Participación de España
- España forma parte do BID dende 1976, en cuxo capital participa cun poder de voto do 1,9%.
- Ademais, é o único país non rexional que coopera con todas as institucións do grupo, é dicir, o Fondo de Operacións Especiais (FOE), a Corporación Interamericana de Investimentos (CII) e o Fondo Multilateral de Investimentos (FOMIN), tendo en todos eles certo protagonismo.
- Datos de contratación
- A contratación de bens e obras xerada polo BID no ano 2009 foi de 3957 millóns USD, dos que España resultou adxudicataria de 149,72 millóns. Isto supuxo un 3,78% da contratación total.
- No caso dos contratos de consultoría o volume total de contratación foi de 557 millóns USD, e as empresas españolas conseguiron contratos por un total de 5,79 millóns USD, un 1,04%.