SERVIZO DE ALERTAS
- En que consiste.
- Ante un determinado evento (publicación dunha nova estratexia país, dun proxecto país, dun aviso xeral, dun aviso específico de licitación, etc.) e no suposto de que este se axuste aos parámetros de selección previamente definidos por vostede, recibirá inmediatamente e de forma automática unha notificación por correo electrónico, informándoo da operación en cuestión.
- Como funciona.
- As alertas poden seleccionarse de acordo cos seguintes parámetros: tipo de anuncio, país e área xeográfica, sector e subsector, tipo de contrato, importe, data de publicación e prazo de presentación de ofertas.
- Como acceder a este servizo.
- Para recibir puntualmente alertas sobre operacións e licitacións internacionais, deberá rexistrarse no portal SALT e definir os parámetros de selección daquelas oportunidades nas que a súa empresa poida estar máis interesada.
Se vostede xa está rexistrado, pode suscribirse ao servizo de alertas por medio desta ligazón.