QUEN SOMOS? COÑEZA O SALT
- O SALT (servizo de acceso a licitacións internacionais) é o servizo creado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en colaboración con Caixa Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, para ofrecer oportunidades de negocio á empresa galega no mercado dos organismos multilaterais de desenvolvemento (OMD)
- O SALT nace co propósito de mellorar a presenza das pemes galegas no devandito mercado internacional, entendendo que as posibilidades que se ofrecen neste son accesibles e atractivas para as nosas compañías, as cales contan cos medios necesarios para optar aos contratos públicos que promovan estes organismos (principalmente os bancos multilaterais de desenvolvemento, o sistema das Nacións Unidas e os organismos financeiros da Unión Europea)
- O SALT ofrece información detallada e pormenorizada de como acceder ás oportunidades comerciais existentes mediante un sistema de servizos a empresas, que axudará de xeito efectivo a coñecer este mercado e a participar de forma activa nos proxectos financiados polos OMD
- Así mesmo, informamos sobre o amplo conxunto de axencias, fondos e bancos de desenvolvemento que conforman o sistema dos OMD, e formulamos unha aproximación ás características e procedementos das estratexias e dos proxectos dos cales se derivan as citadas licitacións internacionais