SERVIZOS SALT A EMPRESAS
Rexístrese premendo na seguinte ligazón
Dende o portal SALT deseñáronse unha serie de servizos de alto valor engadido dirixidos a dar a coñecer e achegar as empresas galegas ao mercado das licitacións promovidas polos organismos e institucións financeiras multilaterais de desenvolvemento, informándoas das oportunidades existentes e prestándolles apoio para a preparación e presentación de ofertas.
Buscador de licitacións: por medio deste servizo ofréceselle á súa empresa a posibilidade de atopar aquelas oportunidades de contratación internacional que mellor se axusten ás súas preferencias en función de criterios xeográficos, importe das operacións ou organismos promotores.
Servizo de alertas: a través del a súa empresa recibirá información inmediata sobre as oportunidades de negocio que se publiquen e que cumpran cos criterios que previamente vostede definise.
Servizo de asesoramento telemático vía e-mail: por medio do cal poderá formular aquelas consultas relacionadas coa participación da súa empresa en licitacións internacionais, coñecer máis detalles sobre as operacións en curso e resolver calquera dúbida relacionada co funcionamento do portal SALT.
Rexistro ante os OMD: mediante este servizo avanzado proporcionaráselles ás empresas rexistradas que así o soliciten información, asesoramento e apoio para a súa inscrición nos rexistros de contratistas dos organismos ou institucións financeiras multilaterais de desenvolvemento cos que acrediten intención razoable de operar.
Aula Virtual: co ánimo de facilitar a formación nun sector tan novidoso como o das licitacións internacionais, disponse desta ferramenta, que contará cunha relación de materias sobre as que existirán accións formativas, proporcionando así mesmo a posibilidade de acceder on-line a conferencias, seminarios e cursos.
Boletín: grazas a este servizo, a súa empresa contará coa posibilidade de recibir, en formato electrónico e cunha periodicidade quincenal, aquelas novidades que se vaian producindo no ámbito das licitacións internacionais e que puidesen ter interese para a comunidade empresarial galega.
Bases de datos de empresas: por medio deste servizo, a súa empresa disporá dun espazo habilitado no noso portal SALT dirixido a que os seus produtos ou servizos poidan ser coñecidos por gobernos e institucións estranxeiras dunha forma directa e sinxela.
Programa piloto de tutela de empresas para a presentación de ofertas en licitacións internacionais: este programa oriéntase a prestar apoio continuado á presenza sostida das empresas seleccioadas nos procedementos de licitación pública internacional.