SERVIZO DE ASESORAMENTO TELEMÁTICO
- En que consiste.
- Por medio deste servizo préstalles asesoramento ás empresas rexistradas no Servizo de Licitacións Internacionais da CEG en cuestións relacionadas coa xestión, preparación e presentación de proposicións ás licitacións ás que concorran, e poderá ademais resolver dúbidas relacionadas co funcionamento do propio portal SALT.
- Como funciona.
- Vostede poderá seleccionar o tema ao que se refira a súa consulta e efectuar unha descrición desta, dispoñendo ademais da opción de anexar arquivos referentes a esta. A información será remitida ao departamento correspondente do Servizo de Licitacións Internacionais da CEG, que responderá á consulta formulada por medio do correo electrónico.
- Este asesoramento non incluirá a preparación de ofertas ou propostas de contido técnico.
- Como acceder a este servizo.
- Para utilizar o servizo de asesoramento telemático vía e-mail é preciso que, previamente, a súa empresa estea rexistrada no portal SALT.
- Como realizar a súa consulta.
- Unha vez aceptada a súa subscrición, poderá realizar as súas consultas utilizando o seguinte formulario.