AULA VIRTUAL

  • En que consiste.
    • Dentro da formación que se desenvolve dende o Servizo de Licitacións Internacionais da CEG, a Aula Virtual constitúe unha ferramenta imprescindible.
    • Por medio desta aula, e xunto con outros mecanismos postos en marcha dentro do proxecto, preténdese:
      • Formar persoal técnico especializado en materia de licitacións internacionais para a súa posterior posta a disposición da empresa galega.
      • Poñer en coñecemento do empresariado a existencia dun atractivo mercado potencial dificilmente accesible sen uns coñecementos básicos.
      • Capacitar bolseiros para completar posteriormente o seu proceso formativo na empresa galega ou nos organismos e institucións financeiras multilaterais de desenvolvemento.
  • Como funciona.
    • Na Aula Virtual ofrécese unha relación de materias sobre as que se dispón de accións formativas.
    • As devanditas accións están sustentadas por materiais informativos, formativos e didácticos, así como por fichas autoavaliativas que permitirán realizar un seguimento dos coñecementos adquiridos.
    • Disponse, igualmente, da posibilidade de acceder on-line a charlas, conferencias e cursos.
    • En cada acción formativa explícase detalladamente a súa orientación, contidos e os documentos relacionados con esta.
    • Por último, o persoal técnico do Servizo de Licitacións da CEG actua como titor do alumnado.
  • Como acceder a este servizo.
    • A Aula Virtual atópase dispoñible tanto para os usuarios externos coma para as empresas dadas de alta no sistema de xestión de licitacións e proxectos, se ben estas últimas contan cun número maior de accións formativas á súa disposición.
    • Acceda á aula virtual por medio destaligazón.

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín