OUTROS APOIOS Á INTERNACIONALIZACIÓN

Existen á disposición da peme instrumentos financeiros, tanto a nivel estatal coma autonómicos.

    • A Compañía Española de Financiamento do Desenvolvemento, COFIDES, S.A., é unha sociedade anónima de capital mixto (público e privado) cuxo obxecto é dar apoio financeiro aos proxectos privados viables que se leven a cabo en países emerxentes ou en desenvolvemento nos cales exista algún tipo de interese español.
    • Poden obter apoio financeiro tanto as empresas mixtas coma as filiais de empresas españolas en países elixibles que leven a cabo un proxecto no que exista un interese español, entendido en sentido amplo (non é necesario que a empresa promotora do proxecto sexa española).
    • De particular interese resulta a xestión que realiza COFIDES con recursos de Institucións Financeiras Multilaterais en relación coa comercialización da liña, a captación de operacións, a análise dos proxectos, a formalización do apoio financeiro, o seguimento da operación e, de ser o caso, a saída do capital. Pola súa banda, a institución multilateral resérvase sempre a capacidade de aprobar caso por caso as operacións.
    • CESCE é unha sociedade anónima participada maioritariamente polo Estado español.
    • O seu obxectivo é asegurar as empresas, a través da póliza de seguro de investimentos no exterior, dos riscos de non pagamento derivados das vendas dos seus produtos e servizos, así como cubrir as posibles perdas que poida sufrir unha empresa no seu investimento no exterior.
    • Actualmente existen dúas modalidades de seguro, dependendo do tipo de investimento que se desexe asegurar: o seguro para o investidor na dotación patrimonial da empresa estranxeira (fondos propios, achegas permanentes) e o dirixido ás entidades financeiras que realicen un empréstito á filial estranxeira dunha empresa española para financiar un proxecto de investimento novo.
    • CESCE pode cubrir as perdas derivadas das seguintes situacións de risco político:
      • Limitacións ao dereito da propiedade (expropiación, nacionalización, confiscación da empresa estranxeira).
      • A falta de convertibilidade ou de transferencia de importes relacionados co investimento, dividendos, amortización de créditos a longo prazo.
      • A violencia política, incluíndo o terrorismo e outras alteracións graves da orde pública.
      • O incumprimento de acordos ou a ruptura de compromisos por parte das autoridades do país receptor respecto ao investimento asegurado e a revolución ou guerra.
      • A perda de beneficios, durante un período de ata un ano, que se produce para o investidor pola paralización de actividades da filial por causa de guerra ou violencia política.
    • Unicamente se cobren riscos de natureza política, que poden alcanzar aos compromisos adquiridos co investimento por parte do estado receptor, organismos ou subdivisións administrativas deste, ou empresas públicas. A porcentaxe de cobertura máxima é do 99%.
    • O Instituto de Crédito Oficial é unha entidade pública empresarial, adscrita ao Ministerio de Economía e Facenda.
    • Entre os seus obxectivos atópase favorecer a internacionalización da empresa española a través de tres liñas: a liña ICO-internacionalización, o Programa PROINVEX e a liña ICO-ICEX "APRENDENDO A EXPORTAR".
    • No ámbito das organizacións multilaterais de desenvolvemento e da Axuda Oficial ao Desenvolvemento, o ICO tamén xoga un papel importante.
    • En concreto:
      • 1. Fondos de Axuda ao Desenvolvemento (FAD). De acordo coa designación feita en cada acordo do Consello de Ministros, o Instituto de Crédito Oficial actúa como axente financeiro español, en nome e representación do Goberno da nación e, como tal, negocia, asina, xestiona e administra os créditos FAD.
      • 2. Contribucións a organismos multilaterais de desenvolvemento. Ademais dos créditos vinculados á adquisición de bens e servizos españois, existen outros tres tipos de axudas concedidas con cargo ao FAD, todas elas baixo a modalidade de doazón. Unha destas axudas son as contribucións a organismos multilaterais de desenvolvemento, das que España é socia. O Ministerio de Economía e Facenda propón, e o Consello de Ministros español aproba, a utilización dos recursos do FAD para levar a cabo estas contribucións. Chegado o vencemento dos compromisos españois co organismo e logo de petición do tesoureiro dos devanditos organismos, o ICO aboa os importes comprometidos.
    • Ofrece información sobre o apoio financeiro ao investimento español no estranxeiro.

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín