Aviso Legal
DATOS DE REXISTRO E DE CONTACTO
En cumprimento da Lei de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), a Confederación de Empresarios de Galicia, como titular do sitio web www.salt.ceg.es, facilita a continuación os seus datos de contacto e de rexistro:
- Entidade: Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
- Estatuto legal: asociación privada sen ánimo de lucro
- CIF: G-15.080.476
- Presidente: Antonio Fontenla Ramil
- Enderezo: Rúa do Vilar 54, C.P. 15705, Santiago de Compostela. A Coruña, España.
- Teléfono: +34 981 555 888
- Fax: +34 981 555 882
- Correo electrónico: info@ceg.es
- Acta de constitución e estatutos depositados, segundo a Lei 19/1977, do 1 de abril, e o RD 873/1977, do 22 de abril, na Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
- Con data de entrada do 24 de xullo de 2003, comunicouse o nome de dominio ceg.es ao Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia con data de entrada do 24 de xullo do 2003.
- O presente sitio web emprega cookies para obter información das visitas así como pasar información entre os diferentes módulos que o compoñen, de tal forma que o usuario non teña que verificar o proceso de rexistro con carácter reiterativo. En todo caso, se o usuario desexa que non se instalen esas cookies ten a posibilidade de configurar o seu navegador para impedilo sen que se produza ningunha alteración ou modificación no uso do presente sitio web.
PROPIEDADE INTELECTUAL
En cumprimento do establecido no Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, que regulariza, aclara e harmoniza as disposicións legais vixentes sobre a materia e a lexislación sectorial concordante, infórmase dos aspectos seguintes:
- Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos nesta web son propiedade dos seus donos e están protexidos pola lei.
- Queda prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos na presente web sen a autorización dos seus autores ou da Confederación de Empresarios de Galicia.
- Os contidos e información incluídos no presente sitio web non vinculan a Confederación de Empresarios de Galicia, pois trátase dun servizo ofrecido con carácter simplemente informativo e divulgativo.
- O presente sitio web pode conter ligazóns (links) a páxinas de terceiros sobre cuxo contido a Confederación de Empresarios de Galicia non asume ningunha responsabilidade.
EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE
O obxecto desta web é proporcionar información sobre licitacións públicas internacionais. O seu propósito é manter toda a información actualizada e exacta, polo que se tratarán de corrixir os erros que sexan sinalados.
A Confederación de Empresarios de Galicia non asume responsabilidade nigunha en relación coa información incluída nesta web e que:
- É de carácter xeral e non aborda circunstancias específicas relativas a persoas ou organismos concretos.
- Non ofrece necesariamente datos exhaustivos, completos, exactos ou actualizados.
- Contén nalgunhas ocasións ligazóns a páxinas externas sobre as que a Confederación de Empresarios de Galicia non ten control ningún e respecto das cales declina toda responsabilidade.
A intención da Confederación de Empresarios de Galicia é a de diminuír ao mínimo os problemas ocasioados por erros de carácter técnico. No entanto, algúns datos do sitio puideron crearse ou organizarse en arquivos ou formatos non exentos de erros, non se pode garantir que o servizo non sexa interrompido ou afectado de ningún xeito. A Confederación de Empresarios de Galicia non asume responsabilidade ningunha respecto dos problemas que poidan xurdir ao consultar esta web ou oturas externas enlazadas a través dela.
A presente cláusula de exención de responsabilidade non ten por obxecto limitar a responsabilidade da Confederación de Empresarios de Galicia de forma contraria ao disposto polas normativas nacionais aplicables, nin declinar a súa responsabilidade nos casos nos que non poida excluírse en virtude de ditas normativas.