XUNTA DE GALICIA

Os procesos de internacionalización das empresas levan consigo unha maior necesidade de financiamento destas. A Administración autonómica, consciente do esforzo que supón para as empresas galegas abordar os procesos de saída ao exterior, pon á súa disposición diversas liñas de axuda.

  • Igape

A Comunidade Autónoma de Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta de Galicia e dos seus entes e órganos dependentes, tal e como se establece no Estatuto de autonomía de Galicia. Un destes órganos dependente da Consellería de Economía e Facenda é o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se define como a axencia de desenvolvemento rexional de Galicia.

Entre os principais obxectivos que persegue o Igape está o de facilitar a internacionalización das empresas galegas, para o cal pon á súa disposición unha ampla gama de servizos e de axudas financeiras con distintos obxectivos.

Así, existen axudas encamiñadas a financiar a elaboración de plans de marketing para a internacionalización, apoios para facilitar a presenza en eventos expositivos internacionais ou contratación de persoal para a exportación e axudas para favorecer a implantación promocional conxunta no exterior

En relación coas axudas existentes no ámbito da internacionalización, as máis representativas son:

  • Liña Igape-ICO - Entidades para financiamento de investimentos.
  • Incentivos económicos do Igape á internacionalización.
  • Investimento no exterior e cooperación: Convenio Igape-COFIDES.
Polo que respecta aos servizos ligados á internacionalización, conta entre estes cunha interesante base de datos de axudas á internacionalización e cun útil servizo de interpretación telefónica simultánea.

Acceso usuarios

Users Access
Recórdame

Menú principal

Boletín de novas

Boletín